Sesión de iniciación ao atletismo.

En este artigo, a miña compañeira Sara Romero máis eu ímos plasmar a nosa sesión de iniciación ao atletismo. Para que fora máis dinámica decidimos dicidir o grupo en dous: un con cada monitor dónde iríamos rotando cada 12-15 minutos.
A sesión dividirase en seis xogos dónde se desenrolarán de dous en dous, é decir, mentrás un monitor está a facer un xogo cunha parte do grupo, o outro monitor fai un xogo ca outra parte restante do grupo. Para rematar, faremos un xogo en conxunto (parte7). Toda a sesión de xogos desenrolaráse alternando a zona de meta e o campo de herba que hai para lanzamentos.

PARTE 1.
Unha metade do grupo estará con Esteban na zona de meta facendo un xogo de agrupacións. Este xogo consiste en que os alumnos/as estean trotando por un espacio delimitado, e cando o monitor diga un número, estes fagan grupos de dito número. Logo, en vez de ir trotando terán que ir a pés xuntos, saltos coa perna dereita, saltos coa perna esquerda, saltos de rá, desprazamentos laterais e carreira atrás.

PARTE 2:
 No entre tanto, Sara estará coa outra metade do grupo facendo o xogo do brilé na zona de campo. Para este xogo faranse dous campos e destrás de cada un habrá outo campo moito máis pequeno denominado cemiterio. En cada campo grande estará un equipo ao completo, agás un único xogador que se situará no cemiterio do campo oposto. O xogo trata de apuntar con un balón a calquera membro do equipo rival. No caso de que un xogador sexa dado deberá dado deberá coller o balón e situarse no cemiterio. Si este, na súa primeira tirada consigue darlle a un xogador do equipo rival poderá volver ao campo de xogo. Perderá o equipo que primeiro quede sin xogadores dentro do campo.

PARTE 3:
Aquí será o xogo das catro esquinas, dirixido por Sara e realizado na zona de meta. Formaranse cinco equipos, dun número parexo de xogadores, con un equipo en cada equina do cadrado e outro libre que estará no centro. Estes cambiaran obligatoriamente de esquina a voz do profesor e perderá o equipo que se quede sen esquina, é decir, terá que situarse no centro do cadro. Todos este cambios de posta deberán e producirse con todo o equipo agarrado da mán, equipo que se separe será automáticamente o equipo derrotado.

PARTE 4:
A outra metade do grupo estará a vez facendo un xogo de lanzamentos con Esteban, a aros colocados a diferentes distancias e con diferentes puntuacións dependendo da distancia do mesmo (3-5-10 puntos) situado na zona de herba. O grupo deberá situarse en tres filas, tirando un de cada fila a misma vez e logo recollendo cada un o seu obxeto lanzado para deixarllo o seu compañeiro de fila. Cada xogador deberá pasar por xunto do monitor ao finalizar o seu lanzamento para comunicarlle a puntuación alcanzada. Os materiais para realizar os lanzamentos serán os seguintes: na primeira fila un disco de iniciación, na segunda un peso lixeiro e na terceira un xabalina de iniciación de espuma.

PARTE 5:
Parte do grupo estará con Sara na zona de meta facendo saídas de diferentes formas, todos a misma vez colocados nunha liña a mesma altura. Serán carreiras de apenas 10-15 metros con volta andando sin demasiada presa. As diferentes formas de saída serán as seguintes:
- Sentados de cara a zona da carreira.
-Sentados de espaldas.
- Saltando a pés xuntos.
- Saltando abrindo e cerrando pernas.
- Tumbados mirando o chan.
- En posición de plancha.

PARTE 6:
Mentrás a outra parte do grupo estará a facer carreira de relevos por trios pero co inconvinte de ter que ir e voltar saltando a comba de diferente formas según a orde do profesor. Este carreira terá lugar no campo de herba e o participante deberá e sair desde detrás da liña de saída, ir ata un cono, bordealo e volver ata a liña de saída outra vez para darlle unha palmada o seu compañeiro para que este poida sair. Gañará o primeiro trío en finalizar. a formas de saltar a comba serán as seguintes:
- Carreira pés xuntos.
- Carreira lateral.
- Caarreira libre.

PARTE 7:
Para esta parte xuntaremos ambos grupos e faremos o xogo do pano, donde se enfrentarán ambos grupos na zona de herba. Cada membro do equipo elixirá un número e situaranse a 20 metros do centro en liña, un equipo a esquerda e o outro a dereita do pano, que estará no centro. Neste caso o monitor será o encargado de decir un número, e cada xogador de ambos equipos deberá de ir buscar o pano antes que o rival e volver con el ata o seu campo sin ser pillado polo rival. O monitor tamén poderá decir varios números a vez, co cal deberán saír todos a vez ( 4,6,8...)

VOLTA A CALMA: Pictionary (zona de salto e altura)
Ambos equipos iguais o xogo anterior deberán de debuxar no chan números ou letras  no menos tempo posible utilizando soamente o corpo do integrantes de cada grupo. Os monitores Sara e Esteban serán os encargados de elixir o grupo ganador valorando a rapidez para colocarse, a orixinalidade e o estado de cada letra ou número.



MATERIAL:
- Placas
- Conos
- 9 aros
- 1 peso lixeiro
- 1 xabalina de espuma
- 1 disco de iniciación
- 3 cordas
- 1 peto






No hay comentarios:

Publicar un comentario

La evolución en una escuela de atletismo.

Muchos niños empiezan en las escuelas de atletismo desde muy pequeños, desde los 6 años aproximadamente. Es un deporte de base muy bueno par...