Triple salto

TRIPLE SALTO

· DESCRICIÓN

  O pasillo de triple salto esta situado a par do pasillo de salto de lonxitude, no interior da pista de carreiras sempre situado na parte pegada á meta en pista cuberta. Sen embargo, en aire libre a colocación do pasillo pode ser diferente. O pasillo terá 40 metros de longo como mínimo por 1,22 metros de ancho. A tabla de batida, mide 1,22 x 0,20 x 0,10 e o foso de caída que mide 2,75 metros de ancho e 10 metros como mínimo de lonxitude.

                              

· TÉCNICA

  A técnica dividímola nas seguintes fases:

 - CARREIRA DE APROXIMACIÓN

 Parecida enormemente á carreira de lonxitude con menos variacións do ritmo e maior amplitude nos últimos pasos. Trátase dunha carreira homoxénea a unha gran velocidade para coller un gran impulso no primeiro salto.
                                Resultado de imagen de ana peleteiro+

 - PRIMEIRO SALTO

 O atleta fará unha batida máis profunda que nun salto de lonxitude, a pesares de que o despegue sexa bastante similar. Sendo este no que o atleta colle máis altura. 
En plena fase de vó, as pernas realizan un xesto de 2 pasos no aire, permanecendo sempre co corpo erguido e o tronco en posición vertical.

 A perna de batida neste primeiro salto será tamén a perna de apoio e batida no segundo salto.

Resultado de imagen de pablo torrijos primer salto  
- SEGUNDO SALTO

  Comeza cando o pé da perna de batida toma contacto co chan despois de efectuar o primeiro salto.
Poderíamos decir que este salto aproxímase a unha zancada en profundidade, permanecendo co tronco recto, a perna libre flexionada uns 90º mantendose a altura das cadeiras e, a perna de atrás, estará tamén flexionada que tralo seu impulso tratará de aproximarse á perna adiantada.



- TERCEIRO SALTO

 Iníciase cunha forte batida para efectuar un salto en lonxitude.
Un saltador de triple salto, chega para facer este salto con moita menos velocidade que un saltador de lonxitude, polo que a fase de suspensión será un salto natural sinxelo ou un salto en extensión.

- CAÍDA 

 Este aspecto do triple salto é moi similar ao de lonxitude. Comeza cando calquera parte do corpo entra en contacto co foso buscando chegar o máis lonxe posible, xa que a medición do salto será dende a parte máis próxima á tabla de batida. 

· ANÁLISE DA EXECUCIÓN DO TRIPLE SALTO
  
 REALIZACIÓN DO SEGUNDO APOIO 
 
- Trala observación de varios vídeos de atletas competindo en triple salto, chegamos a conclusión de que os saltadores realizan unha extensión moi esaxerada no segundo salto de triple, así como en en categoría masculina é moito máis evidente que en categoría femenina. 
 Adxuntamos vídeo no que se pode observar ao atleta español Pablo Torrijos, quen é o actual récordman cunha marca de 17,04 realizada no Campeonato de Europa de Praga no ano 2015. 
Este atleta é un gran exemplo para poder observar de maneira clara que os atletas saltadores de triple, realizan unha gran extensión no segundo salto.


 

- En comparación a esta afirmación, observamos que na categoría femenina esta extensión no segundo salto é moi pouco esaxerada, é dicir, é un salto notablemente máis corto que o primeiro e o terceiro.
 No seguinte vídeo podemos ver a Ana Peleteiro, actual campeona de España cunha marca de 14,22, realizada o día 18 de febreiro na pista cuberta de Valencia, establecendo así un novo récord galego baixo teito.


BRACEO NA FASE DE VÓ

- Tras a observación de 30 vídeos, puidemos observar que hai dous tipos de braceo diferentes (simultáneo e alternativo) na fase de vó nos primeiros e segundos de triple xa que no terceiro todos os atletas executan un salto de lonxitude con braceo simultáneo.
 · Atletas que utilizan braceo alternativo: 5/30
 · Atletas que utilizan braceo simultáneo: 25/30


Deixamos este vídeo como exemplo claro de que a maioría dos atletas utilizan o braceo simultáneo á hora de executar o triple salto.
Podemos ver claramente a diferenza de ambos tipos de braceo observando o primeiro e segundo atleta, os cales utilizan o braceo simultáneo, e o terceiro atleta, quen utiliza o outro tipo de braceo.




CONCLUSIÓN:
Tamén nos chamou a atención que na fase de carreira o último paso previo á batida, os atletas modifican a zancada facendo un paso máis corto que os anteriores para a execución dunha batida máis esaxerada.
 




- Artigo elaborado en colaboración con: · Hugo López Pillado

-Bibliografía:

YouTube
- Educación e Atletismo





No hay comentarios:

Publicar un comentario

La evolución en una escuela de atletismo.

Muchos niños empiezan en las escuelas de atletismo desde muy pequeños, desde los 6 años aproximadamente. Es un deporte de base muy bueno par...